Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Para mexillón, Chapela

RR_Noticias

O Círculo Cultural Recreativo de Chapela dedica esta fin de semana ao bivalvo máis famoso da ría. A Festa do Mexillón comezará mañá sábado, ás 18.00 horas, e o domingo prolongarase todo o día. Mexillóns cociñados en diferentes especialidades, música e inchables para os máis pequenos completan esta festa que se celebra no Paseo Marítimo de Chapela.

O presidente do colectivo, Emilio Sánchez, explica que se trata dunha festa “para toda a familia”. A organización mantén os prezos populares para facilitar “que todo o mundo participe”. Pode degustarse o mexillón en empanada de trigo, ao vapor, en escabeche ou á vinagreta por 3 euros a ración, e a empanada de millo a 4 euros. Tamén haberá polbo para completar o menú, e xogos de inchables para os máis pequenos. Os dous días, ás 22.00 horas, a festa será amenizada por un dúo musical e o domingo, a partir das 12 do mediodía, actuación do grupo de gaitas “Tarabelo” do Círculo Cultural Recreativo de Chapela.  

Emilio Sánchez presidente do C.C.R. Chapela
Unha festa con prezos populares para toda a familia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará