Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R Chapela acada a quinta praza na Bandeira Concello de Vigo, onde se impuxo Coruxo

RR_Noticias

A Liga Galega de Traiñeiras está máis emocionante ca nunca logo dos resultados da XXIV Bandeira Concello de Vigo, onde onte se proclamou campioa a embarcación de Coruxo. As diferenzas son mínimas entre os tres primeiros. Samertolaméu, (83) que onte foi décimo, ten tan só un punto sobre Ares (82), que onte ocupou a cuarta praza. Os terceiros, Poboa (81), foron onte sétimos.

Os remeiros de Coruxo na segunda serie, puxeron proa de vitoria competindo con Bueu, que tamén fixo unha gran regata. Cruzou a meta en segundo lugar e a só 66 centésimas de Coruxo, o vencedor. Logo Mecos que foi de menos a máis e Chapela, na quinta praza, que sufriu moito ao final. Ao finalizar a segunda serie que se desenvolveu con mar en calma, nada máis comezar a terceira, levantouse unha brisa bastante forte de norte que influía sensiblemente, sobre todo nas boias de virada cara a Samil. Os catro participantes, Ares, Poboa, Castropol e Samertolaméu sufriron o seu por mor do vento, e caeron nas posicións do cuarto ao décimo cunhas marcas moi afastadas dos primeiros. Ares gañou con potencia e categoría esta terceira serie, deixando a Poboa na segunda posición e a continuación Castropol, terceiro, en dura loita con Samertolaméu que entrou na cuarta posición, pero cun crono que o levou á décima praza xeral. Con cinco regatas por diante, e coas sorpresas que poden dar o mar e o vento, está claro que ninguén ten asegurada a súa posición na táboa. As próximas citas serán na Coruña coa Bandeira Teresa Herrera, que se disputa o sábado e o domingo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará