Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un corte de servizo en Soutomaior deixa sen auga durante máis de 8 horas a miles de veciños

RR_Noticias

Así o denuncia o BNG desta localidade quen esixen responsabilidades tanto ao concello como a empresa concesionaria do servizo, Viaqua por un corte no subministro que supuxo “perdas importantes tanto para as empresas como para os veciños que se viron afectados na noite do sábado”. O corte no servizo prolongouse ata altas horas da madrugada e supuxo un elevado prexuízo tanto os domicilios particulares e para a hostalaría local.

Nese sentido, o voceiro do BNG, Manu Lourenzo sinalou  que “non é de recibo que mentres as empresas e restaurantes de Soutomaior tiñan que mirar como os clientes marchaban a centos en hora punta nin dende o concello nin dende Viaqua, ninguén dera nin unha soa explicación do que estaba a acontecer”.
Os nacionalistas sinalaron que dende había xa algún días, había queixas de diferentes veciños de que a auga baixaba sen presión pero que a pesar das consecuencias dun corte de servizo desas dimensións, en ningún momento se informou aos veciños.
Dende o BNG esixen explicacións xa que o servizo de auga debe ter o mantemento adecuado para  que estes cortes non se produzan e sobre todo, de habelas, que en ningún caso se produzan na hora punta dun sábado, nun concello que ten como un dos seus motores económicos a hostalaría.
Por este motivo, o voceiro nacionalista esixirá explicacións no vindeiro pleno ante un servizo polémico xa que o concello lle permite a esta empresa que o seu horario de atención ao público sexa tan só de 2 horas ao día.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará