Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Illa de San Simón volve ser a Illa da Memoria por un día

RR_Noticias

Medio milleiro de persoas participaron na homenaxe ás vítimas do franquismo organizada este domingo na Illa de San Simón polas organizacións agrupadas na Iniciativa galega pola Memoria. Unha homenaxe para esixir xustiza e reivindicar a derrogación da Lei de Amnistía de 1977 para xulgar os crimes de guerra. Unha data este ano especial por cumprírense 80 anos do golpe de estado do 1936 e dez anos dende que por primeira vez se celebrara este acto en San Simón.

Unhas 500 persoas congregáronse este domingo na Illa de San Simón para lembrar ás vítimas que alí estiveron presas e demandar a “recuperación da memoria” dos crimes cometidos no franquismo. Un evento que se celebrou por primeira vez no ano 2006, cando foi impulsado pola Xunta, para lembrar os crimes cometidos no que foi o “gran campo de concentración franquista” de Galicia. Tras o cambio de goberno en 2009, a Xunta “deixou de financiar” esta homenaxe, polo que a Iniciativa Galega pola Memoria comezou a organizalo. No evento, leuse a Declaración de San Simón, na que, ademais de esixir un compromiso institucional coa “recuperación da memoria” do franquismo, pediuse a derrogación da Lei de Amnistía.
Así mesmo, o manifesto esixiu a “reparación dos danos” ás vítimas, ademais de condenar o golpe de estado de 1936 e pedir a denominación oficial de San Simón como Illa dá Memoria.
O acto contou coa intervención da escritora e xornalista Montse Fajardo, quen abordou a “represión” exercida sobre as familias durante a ditadura franquista. Posteriormente, o historiador Dionisio Pereira tratou a actividade civil e institucional en relación á recuperación da memoria histórica da época da ditadura. A continuación, os participantes no evento realizaron unha visita guiada ás instalacións. Despois, ofrecéronse charlas a cargo do que foi director xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura durante a época do bipartito, o nacionalista Luís Bará, e o investigador norteamericano sobre espazos da memoria -como a Illa de San Simón e Guantánamo- John Thompson.
Finalmente, a homenaxe finalizou cunha ofrenda floral en recordo das vítimas do franquismo, que estivo acompañada polo himno galego e o da II República.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará