Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha senda peonil e ciclista unirá Arcade con Soutomaior

RR_Noticias

A actuación, financiada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, consistirá na construción de dúas sendas para uso de peóns e ciclistas cunha lonxitude total de 400 metros e que comunicarán o acceso ao colexio Santiago Apóstol co tramo peonil xa instalado na PO-244. A actuación ten un orzamento total de máis 82000 euros e un prazo de execución de tres meses.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, supervisaron o comezo das obras das dúas sendas peonís e ciclistas que unirán Arcade e Soutomaior. Ambas as sendas instalaranse paralelas á estrada PO-244 e terán unha lonxitude total de 400 metros.
A primeira, de 230 metros de lonxitude, prolongará o tramo peonil xa instalado actualmente na PO-244 até a pasarela instalada no acceso do colexio Santiago Apóstol. A vía terá unha sección mínima de 1, 80 metros que compartirán peóns e ciclistas. Os traballos para esta primeira senda comezaron esta mesma semana e teñen un prazo de execución de tres meses. A construción do segundo viario, que terá unha lonxitude aproximada de 150 metros, comezará durante este verán e tamén terá que estar terminada en tres meses desde o seu inicio. O presuposto da primeira senda que comezou esta semana ascende a 22.000 euros e o da segunda, que se iniciará nos vindeiros días, a 60.000 euros
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, definiu o proxecto como “moi positivo para o municipio xa que permitirá ir desde Arcade a Soutomaior camiñando ou en bicicleta de maneira totalmente segura”. Destacou que “a instalación desta senda nos arredores dun centro escolar aumentará a seguridade viaria nunha zona especialmente sensible”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará