Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente adopta medidas preventivas contra o picudo vermello

RR_Noticias

De cara a evitar no posible a praga que está afectando a estas árbores estáselle a subministrar un tratamento en varias fases para evitar que o insecto as ataque. Trátase de impedir que o picudo se propague xa que unha vez afectada a árbore a súa erradicación non é doada e acaba en moitos dos casos coa tala da palmeira.

A Concellería de Medio Ambiente intenta salvar as palmeiras do Picudo Vermello. Unha vez valorada a situación na que se atopaban as existentes en Redondela, empregando para iso drons que observaron o seu estado, e tras confirmar o seu bo estado, esperouse á chegado do verán para aplicar un produto que segundo os técnicos é o máis beneficioso para evitar o picudo vermello.
Así, tras varios estudos e consultas sobre posibles tratamentos contra este insecto que ataca as palmeiras ata conseguir secalas, a Concellería de Medio Ambiente decidiu aplicarlles un tratamento en varias fases que se iniciou, segundo explican dende este departamento “coa colocación de dispositivos de endoterapia instalados no tronco da palmeira baixo a valona e continuouse, esta semana, coa aplicación do insecticida indocado para a eliminación do picudo aplicado mediante pértiga”.
Logo da aplicación dos insecticidas farase un novo plan de tratamento para o vindeiro 2017 en función da evolución destas palmeiras.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará