Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG lamenta a “improvisación” do goberno na xestión do cursos de fitosanitarios

RR_Noticias

A obrigatoriedade de posuír un carné de manipulador de produtos fitosanitarios está sendo motivo de preocupación nos últimos meses para moitos veciños ao seren imprescindibles para obter produtos necesarios para o traballo no campo. Aseguran o BNG que  “o desinterese, improvisación e mesmo querer desvincularse do tema, caracterizaron a xestión destes cursos” por parte do goberno local o que levou a moitos afectados a ter que solucionar pola súa conta esta situación.

Explican os nacionalistas que xa en marzo un grupo de veciños solicitaron ao goberno municipal que ante a obrigatoriedade dos permisos xestionara a celebración de cursos como sucedía en concellos veciños e que a resposta por parte do concello foi que “non era un tema que lle afectaba directamente á xestión do goberno de Redondela”. Deste xeito, moitos demandantes dos títulos tiveron que desprazarse ata a provincia de León para realizar os cursos cun gasto de 130€”.
Varios meses despois, foron os centros culturais os que convocaron diferentes cursos de manipulador de produtos fitosanitarios cun desembolso da arredor de 50 euros por persoa.
Finalmente, nestes días “o Concello publica a celebración de novos cursos nos que unicamente haberá que pagar unhas taxas de 10 euros por persoa”, afirma Xoán Carlos González motivo polo que entenden que detrás da xestión desta problemática hai “desinterese, improvisación e falta de planificación, algo que se está a converter en marca do goberno de Javier Bas”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará