Hoxe é Sábado 25 de Xuño de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cae o paro rexistrado en toda a bisbarra

RR_Noticias

A comarca de Redondela viviu no pasado mes de maio un bo mes para o emprego, cunha caída xeneralizada no número de persoas inscritas nas oficinas de emprego. En Redondela o descenso foi de 179, con descensos menores pero tamén salientables nos resto dos concellos da bisbarra: Soutomaior (-31), pazos (-34) e Fornelos (-12).

Segundo estes datos terían atopado emprego durante o pasado mes de maio ata un total de  256 persoas, tal e como publicaba onte a Consellería de Traballo. Un inicio da temporada estival que deixa bos datos en toda Galicia e tamén na nosa comarca, cun total de 179 persoas menos inscritas nas listas do paro en Redondela que conta aínda con 2217 desempregados. En Soutomaior son 717 as persoas en busca de empreo, 31 menos que no mes anterior, mentres que en pazos de Borbén o descenso en 34 persoas deixa un total de 363 persoas desempregadas. Por último, o Concello de Fornelos conta con 184 desempregados, doce menos respecto dos datos do mes anterior.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará