Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

I Edición de Escola de Talentos en Pazos de Borbén

RR_Noticias

O GR9 Futsal organiza neste mes de xullo a primeira edición do seu campus de verán entre os días 11 e 15 de xullo. Orientado a nenos e mozos entre 6 e 16 anos unirán educación, deporte e formación da forma máis divertida posible sentíndose verdadeiros profesionais do fútbol sala baixo a dirección de Isaac Alonso e Javier Hernández. O prezo de inscrición é de 40 euros e as inscricións deben formalizarse nos teléfonos 697665052 ou no 617665660.

A Escola de Talentos contará con 30 prazas nesta primeira edición no municipio, onde os asistentes poderán nutrirse dos consellos e experiencias dos monitores Isaac Alonso e Javier Hernández, o primeiro xogador de fútbol sala de máximo nivel disputando ligas como a Primeira División Romanesa na última tempada, mentres que Javier Hernández é coordinador de Vigo Sporting F.S.. Durante catro días, os dous monitores ensinarán as rutinas e metodoloxía dos xogadores de máximo nivel, ademais de divertirse nun enclave natural onde aprender valores humanos como o compañeirismo e a solidariedade.
O prezo de inscrición é de 40 euros no que se inclúe, ademais da praza para o campus, un equipamento completo composta por pantalón e camiseta oficial de GR9, bocadillo e refresco diario e seguro de accidentes.
Este campus é posible grazas aos nosos patrocinadores e colaboradores: Precocinados O Campo, Flor de Esgueva, Coca Cola, Kelme, Athomsport.com, Cromo Kids e Concello de Pazos de Borbén e Lua Chéa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará