Hoxe é Luns 4 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pechada ao baño a praia de Arealonga por un novo vertido no Pugariño

RR_Noticias

Unha nova vertedura na tarde de onte no río Pugariño obrigou aos bañistas a saír da auga alertados pola Policía local. O concelleiro de medio Ambiente, Miguel Angel Alvarez Ballesteros asegura que se están investigando estes vertidos pero que é moi difícil dar coa orixe dos mesmos “non sabemos se procede dun vertido intencionado dalgún veciño ou empresa a canle do río ou se debe a unha rotura no emisario da depuradora”. Confirma que nos últimos días “as análises están dando pico moi altos de contaminación” polo que recomenda aos usuarios do areal que non se bañen na praia ata que os resultados das análises melloren.

Axentes de Protección Civil e da Policía Local desprazábanse na tarde de onte ao areal de Chapela para comprobar o vertido procedente do río Pugariño e que chegaba ata a súa desembocadura. Eran aproximadamente as sete da tarde cando “logo de comprobar o cheiro que desprendía o regato e escoitar ás testemuñas” decidiron empregar a megafonía do vehículo policial para alertar aos bañistas de que debían sair da auga.
Uns feitos que foron confirmados polo Concelleiro quen lamenta “este novo vertido, que ven empeorar a calidade da auga que xa nas últimas análises está a presentar uns resultados con picos de contaminación especialmente preocupantes”.
De feito, esta mesma semana o concello xa se puxo en contacto con Augas de Galicia e Sanidade para tentar coordinar o control da depuradora de Teis “por se o problema procede desta instalación”. Con todo, no caso detectado onte, todo apunta a un vertido directamente á canle do Pugariño.
Mentres continúan as investigacións sobre o posible autor desta vertedura, no Concello traballan tamén na contratación dunha empresa especializadas que se encargaría de buscar coa colocación de cámaras nos tramos soterrados dos ríos os posibles puntos de contaminación procedentes das canalizacións.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará