Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alertan de “descargas eléctricas” no parque infantil da Alameda de Chapela

RR_Noticias

A Asociación de Veciños de Chapela ven de presentar un escrito no concello no que advirten das queixas presentadas polos usuarios sobre a existencia de “pequenas descargas eléctricas ao contacto cos elementos de xogos existentes no parque infantil da Alameda dende a súa remodelación” e solicitan o seu arranxo de xeito urxente.

Explican dende esta asociación que os familiares e acompañantes dos nenos que asisten a este parque manifestan que moitos dos rapaces non queren “entrar a xogar nin utilizar as instalacións do parque infantil porque din que lles pasa corrente”.
Membros da directiva da Asociación de veciños en compañía de usuarios puideron comprobar que efectivamente “ao tocar varios elementos do parque da unhas pequenas pero desagradables descargas” motivo polo que solicitan ao concello que interveñan e “arranxen de forma urxente esta anomalía que está a causar que os pequenos non queira empregar as instalación recentemente renovadas”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará