Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo para solicitar subvencións para actividades de promoción da muller e a igualdade

RR_Noticias

As asociacións e vogalías da muller interesadas en acceder ás axudas económicas que concede a Concellería para a elaboración de actividades de promoción da muller e a igualdade teñen de prazo ata o vindeiro 8 de xullo para facer as súas solicitudes no rexistro do concello. A partida total ascende a 12.000 euros.

As bases pódense consultar na páxina web do Concello e nas mesmas establécense os criterios que rexerán a concesión destas axudas. Teranse en conta entre outras cuestións á hora de baremar os proxectos o número de participantes na actividade, a duración no tempo da mesma así como o tipo de actividade sendo as máis valoradas as orientadas á promoción da igualdade, a formación e emprego, a loita contra a violencia de xénero e as orientadas á integración de grupos en risco de exclusión.
As entidades interesadas deberán presentar as solicitudes no rexistro do Concello antes do 8 de xullo. Toda a información así como os impresos que cada colectivo debe presentar poden atopalos na páxina web do Concello de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará