Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela arranca a temporada de traíñas co obxectivo de manterse na Liga Galega A

RR_Noticias

Este sábado preséntase no Grove a Liga Galega de Traiñeiras coa participación do club de Chapela nas categorías feminina e masculina. O barco de Chapela, que milita na Liga Galega A, será o único representante redondelán, logo de que o C.R. Cesantes renunciase a participar na LG-B ao non poder completar a embarcación.

O peirao do Grove acollerá este sábado, día 18, a presentación da Liga Galega de Traiñeiras, coas primeiras regatas na Liga A, a Liga B, a liga feminina e a de veteranos. As probas comezarán ás 17.00 horas, e antes farase a presentación de todos os clubs participantes. A xornada inaugural contará tamén con xogos, sorteos e exposicións sobre o mundo do remo. Máis de vinte embarcacións participarán nesta cita, entre eles o C.R. Chapela, que compite tanto na categoría feminina como na masculina. O presidente da entidade, Julio Prado, explicou que completar a embarcación das mozas supuxo un esforzo por parte do club, co que demostran unha vez máis o seu compromiso co remo feminino. Nestes inicios da temporada os barcos aínda están en fase “de probas” pero confía en acadar os obxectivos é manter ao club na máxima categoría do remo galego. O club de Chapela será o único representante redondelán na LGT, logo de que o C.R. Cesantes renunciase a participar na LG-B ao non poder completar a embarcación. Con todo, seguirán traballando a prol do remo, e organizarán a súa regata que terá lugar o 14 de agosto. Escola de Verán de Remo O Club de Remo Chapela tamén pon en marcha un ano máis a súa Escola de Verán, dirixida a nenos e nenas a partir de 8 anos de idade. Celebrarase en Arealonga desde o 4 de xullo ata o 31 de agosto. Xa é a sexta edición desta escola, coa que o club tenta achegar este deporte aos máis pequenos dun eito lúdico, con actividades e xogos na praia. O presidente da entidade, Julio Prado, sinala que todos os anos algúns dos participantes pasan a formar parte da canteira do club. A inscrición está xa aberta nas instalacións do C.R. Chapela, no facebook da entidade, ou a través dos teléfonos 986.452.976 e 650.457.711. O prezo da actividade é de 50 euros. O Club de Remo Cesantes tamén organiza un campamento de verán co remo como protagonista. Será os luns, mércores e venres, nos meses de xullo e agosto, en horario de 9.30 a 11.30 horas.  

Julio Prado presidente do C.R.Chapela
Prado confía en manter a traíña de Chapela na LG-A
Escola de Verán
O C.R. Chapela organiza un ano máis a súa escola de verán de remo dirixida a nenos e nenas a partir de 8 anos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará