Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco remata a súa participación na fase de ascenso e pecha unha temporada espectacular

RR_Noticias

Rematou o soño do ascenso a Segunda B para o Choco. Logo de perder o primeiro partido en Redondela non foron quen de remontar en Zaragoza. Con todo veñen de asinar unha temporada espectacular, con Copa Deputación incluída, na que superaron todas as expectativas.

Deportivo Aragón 2-0 Choco
Os redondeláns viaxaban a terras aragonesas con poucas opcións, e estas esvaecéronse aos 13 minutos, co gol de Pombo. Logo o dianteiro Kilian puxo o dous a cero definitivo no minuto 70. Pero o certo é que os de Marcos Montes xa chegaran máis lonxe do que ninguén podía agardar a comezos de temporada, eliminando na primeira eliminatoria da fase ao Badaxoz. No partido de onte o Choco medíase a un rival superior, no físico e no económico, pero saltou ao céspede con gañas. Pero o filial do Zaragoza controlou a posesión e fíxose co balón dende os primeiros minutos. Aos trece minutos Pombo aproveitou un balón na frontal do área para superar a Cortegoso. A eliminatoria poñíase costa arriba para os redondeláns, sobre todo cando aos vinte minutos Silva tivo que deixar o partido por lesión. Tiveron opcións con disparos de Óscar e Comis, pero sen acerto. Xa na segunda metade o Deportivo Aragón estaba cómodo coa vantaxe, e no minuto 70 chegou o segundo gol local por medio de Kilian. Malia a eliminación o Choco vén de facer unha temporada “para enmarcar”, ao chegar á segunda fase da promoción de ascenso. Remataron na cuarta praza da Terceira División e gañaron o título da Copa Deputación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará