Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

360 nenos participarán nas actividades de verán de Soutomaior

RR_Noticias

O Concello abre o prazo de inscrición para participar nas actividades orientadas a nenos e nenas de 3 a 15 años que se desenvolverán durante o vindeiro mes de xullo. As persoas interesadas deberán inscribirse antes do 26 de xuño no Concello, no Multiúsos de Arcade, na Biblioteca Municipal ou no Pavillón.

Mais de 360 participantes, de entre 3 e 15 anos de idade, espérase que participen este verán no programa que organiza o Concello de Soutomaior e no que se inclúen distintas actividades segundo as idades así como vela e esquí náutico para os dous grupos dos maiores.
Unhas actividades impartidas por 7 monitores titulados que acompañaran aos rapaces en cada unha das citas programadas entre as que se inclúen visitas a granxa escola, acuario e viaxe en catamarán pola Ría de Arousa, Parque acuático, etc. así como diferentes talleres e obradoiros. A acampada será este ano en Moreira os días 23, 24 e 25 de xullo.
O festival de clausura terá lugar no peirao de Arcade o día 30 onde se proxectará o vídeo das actividades realizadas e haberá unha actuación musical con Xoan Curiel e a súa banda.
A presentación das actividades e a entrega da programación da primeira semana farase no Multiusos de Arcade o sábado 2 de xullo ás 12,00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará