Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta investirá 2,3 millóns de euros na mellora da Avenida de Vigo

RR_Noticias

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda Ethel Vázquez mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de Redondela, Javier Bas na que lle comunicou o investimento de 2,3 millóns de euros na renovación das beirarrúas no tramo urbano da Avenida de Vigo ao seu paso por Chapela. No encontro ambas as dúas administración comprometéronse a asinar canto antes a adhesión de Redondela ao Programa de vivendas baleiras como “xeito eficaz de loitar contra os desafiuzamentos”.

A conselleira comunicoulle ao alcalde que o Goberno galego xa habilitou un crédito de 2,3 millóns de euros para executar actuacións de mellora na Avenida de Vigo ao seu paso polo casco urbano de Chapela. Neste treito, dun quilómetro de lonxitude, levaranse a cabo obras de reurbanización que inclúen a renovación de beirarrúas e dos servizos urbanos, así como a mellora da seguridade na intersección existente na zona. Este tramo está ubicado no entorno do Mercado municipal e da alameda, zona na que se atopa unha intersección que tamén será mellorada para incrementar a seguridade viaria.
Por outra banda, acordaron asinar o antes posible o convenio de adhesión de Redondela ao Programa de Vivendas Baleiras “para loitar de xeito eficaz contra os desafiuzamentos”. Os municipios interesados só teñen que dirixirse ao Executivo autonómico para solicitar a súa adhesión e mobilizar vivendas baleiras para destinalas a alugueiros sociais.
As vivendas que se incorporan a este programa estarán dobremente aseguradas pola Xunta, xa que se van financiar unha serie de garantías: un seguro multirrisco do fogar e outro de garantía de cobro da renda que inclúe asistencia e defensa xurídica coa fin de tranquilizar e ofrecer maior seguridade os arrendatarios.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará