Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O carallote, rei do prato nunha nova cita gastronómica promovida pola Confraría

RR_Noticias

Cesantes acolle este domingo a I edición da Festa do Carallote ou Longueirón, unha cita coa que queren impulsar a venda e o consumo deste produto “dunha calidade excepcional” segundo confesa o patrón maior Clemente Bastos. Serviranse preparados á prancha ou en empanada nunha carpa que se instalará no peirao nunha xornada de festa que arrancará as once da mañá co inicio da degustación.

O longueirón, tamén coñecido como carallote, deixou de capturarse durante 20 anos polos baixos prezos que as mariscadoras obtiñan coas súas capturas. Sen embargo, hai tres anos e logo dunha tempada desastrosa no marisqueo pola elevada mortandade do berberecho, as mariscadoras tiveron a idea de recuperar este produto. Un molusco, semellante a navalla, “de altísima calidade e sabor peculiar” que agora está a recuperarse cun incremento notable das ventas con destino a Madrid e Barcelona. Para animar tamén aos veciños a consumilo, a Confraría decidiu organizar a que será a I festa do Carallote que se vai desenvolver este mesmo domingo e no que se porán a venda 900 kilos do produto, preparado a prancha ou en empanada. Explica o patrón maior que para animar a asistencia os pratos ofreceranse a prezos económicos: 5 euros a ducia e 3 euros a ración de empanada, empanada que se pode comprar tamén por 12 euros o kilo. A festa arrancará coa apertura da degustación ás once da mañá nunha carpa amenizada polo grupo de gaiteiros “Refrescante xiada”. As doce terá lugar a lectura do pregón a cargo do produtor teatral Xandre Vázquez e as catro da tarde actuará o Dúo Estelar. Unha festa que busca poñer en valor e animar aos redondeláns a consumir este produto autóctono da enseada.  

Clemente Bastos patrón maior
Un festa para promocionar o carallote
Captura e preparación
Un produto delicioso
Produto autóctono
100% da enseada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará