Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os irmáns Montes xóganse a Copa Deputación

RR_Noticias

A familia Montes farase hoxe coa Copa Deputación, pero haberá que agardar ao final do encontro para saber se o título é para o Choco ou para o Alondras. Os equipos que adestran os irmáns Marcos e Jacobo Montes mídense hoxe na final no campo do Vao, ás 21.00 horas.

A esta cita en Coruxo o Choco chega coa mente posta na promoción de ascenso a Segunda División B. O equipo de Redondela disputa o partido de volta da súa eliminatoria ante o Zaragoza B o vindeiro domingo en terras aragonesas, onde tentará remontar o 1-2 da ida. Por este motivo, Ronald entra na convocatoria copeira e pérdense o encontro xogadores habituais como Suso e Alberto. É probable que Marcos Montes opte por deixar tamén a Silva e Hugo no banco. Pola súa banda, o Alondras chega descansado ao partido pero tamén lastrado polas ausencias debido ás baixas. O porteiro Martín, Mauro, Benja e Berros están lesionados, mentres que Mape e Pitu non entraron na convocatoria. O Alondras chega á final tras ser o gañador do sector de Pontevedra do torneo, mentres que o Choco impúxose na zona de Vigo. Esta tempada, o conxunto de Redondela finalizou na cuarta posición en Terceira e o cangués fíxoo na sétima. A esta igualdade, súmase que ambos os equipos fan un xogo semellante, con fútbol de ataque. O partido será ás 21.00 horas, con entrada de balde.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará