Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 800 deportistas participarán no XIII Torneo Fútbol Sala Arealonga no pavillón de Chapela

RR_Noticias

O Arealonga F.S. organiza un ano máis a que é xa unha das citas ineludibles do calendario de fútbol sala na provincia. Este ano celébrase do 23 de xuño ao 3 de xullo. Once días de competición en todas as categorías, desde os “mini” ata os sénior, con categorías masculinas, femininas e mixtas.

O torneo presentouse esta mañá no Concello de Redondela, onde o edil de Deportes Julio Mougán salientou “o gran traballo” que hai detrás dun evento destas características. Por iso agradeceu o “esforzo” que desde o club fai a directiva do Arealonga F.S., así como as empresas colaboradoras. Iván Vázquez, o presidente do club, lembrou que levan varios meses traballando para que todo saia “á perfección”, coa colaboración das empresas e comercios de Chapela que se envorcan con esta cita deportiva. Máis dun cento de equipos participarán nesta edición, na que Vázquez Figueroa destaca tamén a presenza de equipos femininos. Durante once días disputaranse no pavillón municipal de Chapela uns 350 partidos, nos que xogarán máis de 800 futbolistas de todas as categorías. E todos eles levarán a súa medalla. Jose Manuel Castro, da empresa Construcións Castro Chapela, participou tamén na presentación do torneo, como patrocinadores deste torneo, e salientou o seu apoio ao deporte da parroquia. No XIII Torneo Arealonga contan coa participación de equipos de Redondela, pero tamén de toda a provincia de Pontevedra, e algúns representantes da provincia de Ourense. A inscrición aínda está aberta, e é de balde para as categorías inferiores que poden anotarse ata o 13 de xuño nas modalidades Mini, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil. Para o resto de categorías o prazo está aberto ata o 15 de xuño. Son as de Cadete masculino e feminino, Xuvenil masculino, Sénior mixto, Sénior feminino e Sénior masculino. O prezo da inscrición vai desde os 50 euros dos cadetes, ata os 100 da sénior masculina.

Julio Mougán concelleiro de Deportes
Mougán salienta o esforzo do club para sacar adiante un torneo destas características.
Iván Vázquez presidente do Arealonga F.S.
O club salienta o esforzo que realiza para sacar adiante un torneo con máis dun cento de equipos en todas as categorías.
José Manuel Castro
A empresa Construcións Castro Chapela patrocina o torneo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará