Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha vaga de roubos en garaxes de Vilavella causa danos en numerosos vehículos

RR_Noticias

Os feitos tiveron lugar na madrugada do domingo e descoñécese o número exacto de vehículos afectados xa que moitas das denuncias presentáronse directamente na comisaria da policía nacional de Vigo. Tamén hai constancia de que algúns afectados non denunciaron xa que malia sufrir os seus coches algúns desperfecto non se levaron ningún obxecto de valor do seu interior.

Un importante número de vehículos e varios garaxes da zona de Vilavella sufrían na madrugada do pasado domingo a acción dos vándalos que pola forza se introduciron nestes garaxes e provocaron danos e varios dos coches alí estacionados. Os propietarios deste vehículos atopáronse ao día seguinte coas fiestras rotas e nalgúns dos casos os ladróns leváronse tamén obxectos de valor que os condutores deixaran no interior. Descoñécese o número de afectados ao non haber constancia das denuncias presentadas, xa que algúns preferiron facela directamente na comisaría de Vigo o propio domingo mentres que outros esperaron a presentar a denuncia na mañá do luns, cando está aberta a comisaría da Policía Nacional nas instalacións da Casa do Mar.
Non é esta a primeira vez que estes veciños sofren a acción dos vándalos, xa que en dependencias policiais hai constancia de feitos semellantes tamén na zona de Vilavella dous anos atrás.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará