Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pide o cese da concelleira de ensino

RR_Noticias

Os nacionalistas presentarán ao pleno de mañá martes unha moción na que reclaman o cese da responsable de ensino, Teresa París, por entender que nos últimos tempos dende o seu departamento estase a deteriorar o apoio ás directivas das asociacións de pais e nais dos centros educativos. Salientan dende o BNG o atraso de varios meses no pago das axudas ás Anpas así como a non convocatoria das bases que deberían rexer a concesión de axudas do presente curso.

A solicitude faise nunha moción presentada polo edil Xoán Carlos González e que será debatida este martes ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira, na sesión plenaria correspondente ao mes de maio.
Os nacionalistas lembran o”importante papel desenvolvido polas ANPAs, na mellora do sistema educativo impartido en Redondela, demandando da administración recursos e comprometéndose e traballando arreo para poñer en marcha todo tipo de actividades extraescolares para os rapaces e rapazas”. Entende o concelleiro do Bloque que este traballo merece ser apoiado dende a administración algo que ao seu entender non está acontecer.
“A problemática das subvencións ás ANPAs aínda segue de actualidade malia que hai xa varias semanas que as directivas denunciaron publicamente, que non se lles aboaran as axudas para actividades do curso 14/15, nin se convocaran as bases das do presente ano” e conclúe afirmando que “Igualmente existen problemas coas subvencións de comedores, e as axudas de servizos sociais” motivo polo que entenden xustificada a súa petición para que o alcalde de Redondela cese en funcións á concelleira de ensino Teresa París”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará