Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Esquerda Unida denuncia o empeoramento da calidade asistencial no CADP de Chapela

RR_Noticias

Denuncian dende Esquerda Unida que as medida adoptadas pola Xunta e os recortes do Estado está a afogar a calidade de vida dos pacientes e familiares deste centro de atención a persoas dependentes. Denuncian que dende a Xunta de Galicia non se están a cubrir as prazas de educadores xubilados, levándoas a unhas amortizacións encubertas, o que supón a redución duns servizos que os usuarios precisan así como a diminución da calidade asistencial.

Solicitan dende EU-PCG que o concello de Redondela blinde estes servizos “xa que son de vital importancia para a saúde e benestar dos dependentes, e neste caso concreto dos pacientes do CADP”. Neste sentido reclaman que se revertan os recortes impostos en 2012 nos servizos e prestacións de dependencia que, entre outros, supuxeron una redución de entre o 20% e o 90% do número de horas de atención ás que se ten dereito no servizo de axuda a domicilio así como a supresión do financiamento do convenio especial de coidadores familiares, etc..
Solicitan tamén que se elimine o incremento do copagamento imposto en 2012 e que se reverta a reforma municipal que limita a capacidade de actuación dos concellos en servizos sociais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará