Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cita histórica en Santa Mariña co obxectivo de seguir vivos

RR_Noticias

O C.D. Choco recibe este domingo ao Badaxoz no primeiro partido da fase de ascenso a Segunda B. Agardan un cheo total da afección para acadar un resultado positivo que lles permita chegar vivos ao partido de volta en terras estremeñas.

Tanto os xogadores, como o equipo directivo e os técnicos afrontan esta cita “ilusionados” e tentando superar os resultados da pasada temporada. O obxectivo é superar a primeira eliminatoria, malia as dificultades que isto implica. Sobre todo despois de que o sorteo lle deparase como rival ao Badaxoz, probablemente o contrincante máis complicado. O destino quixo que novamente teñan que viaxar a terras estremeñas, o ano pasado o rival o Estremadura. Recoñecen que daquela pagaron “a novatada”, e os nervios xogáronlles unha mala pasada. Perderon en Redondela 0-3, co que a eliminatoria quedou case sentenciada. Desta volta queren ter moi presente que a eliminatoria xógase en 180 minutos, e que deben estar “á altura”. O partido deste domingo será ás17.00 horas, que é o horario fixado pola Televisión de Galicia, que ten previsto retransmitir o encontro en directo. Hoxe é o último día para retirar as entradas en venda anticipada a un prezo de 5 euros para os socios. Poden recollerse no Quiosco Cocó e o Bar Os Amigos. Para os non abonados custan 12 euros en venda anticipada e 15 na billeteira. Para o público xuvenil, de 16 a 24 anos, 5 euros anticipada e 7 na billeteira. O partido de volta será o domingo, 29, no estadio Nuevo Vivero de Badaxoz.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará