Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela promove a creación dun Foro ecolóxico

RR_Noticias

Colectivos veciñais, ecoloxistas e sindicatos participan hoxe ás 20:00 horas nun foro de ecoloxía que se desenvolverá na Casa da Cultura co obxecto de organizarse e promover actividades orientadas a potenciar a produción agrícola ecolóxica, o mundo rural e o comercio xusto e saudable.

A iniciativa está aberta á participación de todas as persoas interesadas en temas relacionados coa natureza, ecoloxía, o mundo rural e as formas de producir, comerciar e consumir de xeito responsable, xusto e saudable. No acto de hoxe participará Manuel González, membro do Foro ecolóxico da Barbanza que ven funcionando dende hai anos e que congrega a un grupo de persoas interesadas polos temas de agricultura ecolóxica, alimentación saudable e o comercio xusto. De feito os puntos principais dos foros son reunir a aquelas persoas que estean interesados polos temas de natureza, ecoloxía, do mundo rural e da forma de producir, comerciar e consumir de maneira responsable, xusta e saudable, poñer en marcha actividades de formación de todas aquelas persoas que queiran traballar neste eido e promover a venta e produción con feiras labregas onde poder atopar produtos naturais, libres de agrotóxicos e sen organismos modificados xeneticamente. Uns foros que serven tamén para intercambiar saberes e experiencias e que reúnen hoxe en Redondela a todos os interesados  

Manuel González Foro da Barbanza
Explica como funciona este Foro
Actividades e obxectivos
Os Foros traballan en diferentes eidos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará