Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela lembra a Manuel María e reivindica ao escritor como “a voz da nosa terra feita poesía”

RR_Noticias

O Concello celebrou ante a estatua de Castelao na Alameda o tradicional acto institucional co gallo do Día das Letras Galegas. “Unha sentida homenaxe” ao poeta Manuel María que contou coa música da banda de Música de Arcade e a lectura de poemas a cargo do profesor Xosé Couñago. O discurso institucional correu a cargo do concelleiro de Cultura, Xabier Alonso quen salientou a transcendencia literaria do poeta lucense pero sobre todo o seu compromiso “coa terra, coa lingua e coa xente”.

A lectura do poema “Galicia” na voz do profesor de galego Xosé Couñago marcou o iniico dun acto institucional no que as diferentes intervencións deixaron constancia das moitas facetas de Manuel María, un home polifacético de quen a edil Teresa París lembrou como a súa maior fazaña “lograr que os máis novos recuperaran o idioma galego a través dos seus poemas”. Un día de festa no calendario pero, sobre todo, un día para comprometerse co idioma tanto a nivel particular como colectivo e tamén dende as propias institucións que, ao entender do edil de cultura Xabier Alonso, deben traballar “porque o noso idioma dure mil primaveras máis, e é esa unha tarefa diaria individual e colectiva”. Insistía o concelleiro na idea de que “como institución debemos defender o idioma e facer nosas as palabras de Manuel María “Galicia somos nós, a xente e mais a fala”. Fixo tamén fincapé o edil na faciana reivindicativa de Manuel María “reclamando en plena ditadura o uso do galego por riba de calquera prohibición que lle quixeran impor”. Un home comprometido “co idioma, coa terra e coa xentes” que o fixo participar activamente na vida política ata o ano 1975.  

Xosé Couñago
Lectura do poema Galicia
Teresa París concelleira de Muller e Igualdade
Reivindicou a un home polifacético
Xabier Alonso concelleiro de Cultura
Un día festivo para comprometernos co idioma
Manuel María un home comprometido
Poeta pero tamén comprometido politicamente

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará