Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco despide a liga cunha derrota no campo da Grela, e coa cabeza na fase de ascenso

RR_Noticias

Un bo traballo defensivo do Silva impediu aos de Marcos Montes dispoñer de ocasións claras no partido disputado no campo da Grela. No fútbol sala o Campito, campión de liga, despediuse cunha derrota ante o Mondariz. O Arealonga perdeu co García Araújo e o Redondela F.S. goleou ao Baíña.

Terceira División
Silva 1-0 Choco
A vitoria do Deportivo B deixaba aos redondeláns sen opcións de acadar a terceira praza. O Choco tivo contadas ocasións ante a portería rival. O seu mellor momento foi nos primeiros minutos da segunda parte, cun centro de Carminatti a Fernán, que detivo o porteiro loca cunha gran actuación. Cinco minutos despois atallanba outro lanzamento de Fernando. Logo de deter estes envites do Choco, o Silva anotaba o único tanto do encontro. Diego Costa, de forte disparo dentro da área a pase de Iván Patiño, remataba unha boa xogada iniciada por Kevin cun centro á área. Os redondeláns finalizan a tempada en cuarta posición, e esta tarde esperan o sorteo da primeira eliminatoria da fase de ascenso. O partido de ida xogarase en Santa Mariña, e o máis probable é que toque un segundo clasificado ou un terceiro nesta primeira eliminatoria.
Segunda Autonómica
Choco 0-0 Vilariño
O Choco, que é 3º, empatou sen goles. Despedirá a liga no campo do Gondomar, da metade baixa da táboa
A Guía 3-2 Chapela
O Chapela mantén a 11ª posición logo da derrota no campo do Guía. O domingo despedirán a liga diante da súa afección ante o Alcabre, equipo situado na metade baixa da táboa.
 
Fútbol Sala Liga Galega Sur

Campito 3-5 Mondariz
O Campito, que a pasada xornada se proclamara campión de liga, perdeu o último partido ante o Mondariz. Malia a derrita, os de Chapela festexaron coa súa afección o título de liga, que lles permite o salte á Terceira División. Logo do éxito deportivo, a directiva deberá traballar para consolidar un orzamento que lles permita afrontar o reto da nova categoría, para o que buscan un novo patrocinador.
Bar Praza García Araújo 4-2 Arealonga
O Arealonga despediu tamén con derrota esta liga, mermado polas baixas, e rematou na 9ª praza do grupo.
Redondela 6-1 Baíña
O Redondela F.S. foi o único equipo local que despediu a liga cunha vitoria, fíxoo ante a súa afección e cunha goleada ante o Baíña, o que lles permite pechar un ano de moita inestabilidade na 7ª praza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará