Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia o deterioro do Centro de Día de Cesantes que leva catro anos acabado e pechado

RR_Noticias

Esixen a apertura deste edificio que debería dar servizo a un total de 50 familias e cuxas instalacións xa amosan un deterioro significativo no seu exterior logo de catro anos pechadas dende que se remataran no 2012. O voceiro do BNG, presente nunha concentración convocada o pasado venres pola formazación nacionalista, entende que só coa mobilización veciñal se logrará a apertura deste centro asistencial.  “Con esta convocatoria xa se logrou un primeiro paso, que o alcalde asinara a licenza de primeira ocupación” aseguraba Xoán Carlos González.

A protesta tiña lugar ás portas do Centro de día de Cesantes para reclamar a súa apertura e protestar “pola falta de interese por parte das administracións para poñer en funcionamento este Centro asistencial tan necesario para os veciños de Redondela, ao non existir no concello ningún centro público que dea este servizo”. A organización nacionalista considera que “se está a actuar premeditadamente, cun equipamento social de primeira necesidade” e temen, segundo as palabras do edil Xoan Carlos González, que “o PP deixe a súa apertura para o período electoral”. Neste sentido apunta que a súa construción iniciouse no 2009 para rematar as obras tres anos despois, cun orzamento 1.600.000 euros. Dende aquela, todo foron desculpas e atrasos. Recorda o concelleiro que xa hai máis dun ano que se equipou por valor de 400.000 euros e tamén se cedeu xa a xestión a unha empresa. Malia todo, as portas do Centro de Día seguen pechadas. Entre os concentrados atopábase o presidente da Asociación de veciños de Cesantes quen lamentaba que a mobilización non sexa maior “por tratarse dun servizo moi necesarios para os veciños”. No mesmo sentido se manifestaban dende a Federación de Asociacións de veciños quen lembran que na mesma situación do de Cesantes atópanse tamén outros 20 centos asistenciais de toda Galicia, malia tratarse dun servizo indispensable para que as familias poidan atender aos seus maiores e afrontar as súas responsabilidades laborais.    

Xoan Carlos González BNG
Éxplica os motivos que os levan a mobilizarse
Anxo Lusquiños Bng
Explic que o cuarto concello da provincia non pode non contar cun centro público destas carcterísticas
Federación Veciños
Victor Manule Fuentes deman a apertura dun servizo imprescindible para conciliar a atención aos maiores coa vida laboral
AVV Cesantes
Lamentan que non exista unha maior presión social

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará