Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSdeG critica que se elimine a Chapela da programación do Festival Internacional de Títeres

RR_Noticias

Aseguran que este cambio supón que moitos centros educativos públicos que podían acceder aos espectáculos que se desenvolvían en Chapela ao non necesitar de transporte para o traslado teñen que renunciar a esta actividade polo custe que lles supón. Tamén critican dende o PSOE que se teña reducido o número de funcións escolares.

En mandatos anteriores, a programación do Festival Internacional de Títeres de Redondela ampliouse para abarcar a todo o ensino público de Redondela e aos dous núcleos urbanos, Redondela e Chapela. “De tal maneira que moitos centros públicos aforraban en transporte e todos os centros que solicitaban a asistencia ás sesións daban a oportunidade aos nenos e nenas de poder asistir a estes actos tanto culturais como lúdicos” explican dende o PSOE.
Este ano, o goberno municipal do PP eliminou toda a programación en Chapela e reduciu as sesións a centros educativos “ocasionando que moitos nenos e nenas non teñan a oportunidade de poder acceder ás actividades, así como discriminación entre parroquias”.
A edil socialista Anabel Rey declara “que o concello non informou debidamente aos centros. Por exemplo, a escola unitaria de Ventosela non se lle deu a oportunidade das devanditas actividades xa que non foi avisada polo goberno municipal do PP” engade “a dereita volve a recortar en educación e cultura dunha maneira non moi entendible porque por unha banda, nega o acceso aos centros públicos e pola outra, facilita a ludotecas privadas ditas actividades”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará