Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP denuncia que as asociacións veciñais perden 60.000 € coa eliminación do PAC

RR_Noticias

A voceira do grupo provincial do Partido Popular, Nidia Arévalo, e os deputados Javier Bas e Elena Muñoz, reuníronse na tarde de onte con representantes dos colectivos veciñais dos concellos de Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes e Soutomaior afectados pola eliminación do Plan de Acción Comunitaria (PAC) que ata este ano concedeu a Deputación de Pontevedra. Os populares explicaron que o novo goberno bipartito eliminou estas axudas, que supoñían para os catro concellos investimentos por valor de 60.000 euros en proxectos de iniciativa veciñal.

Os deputados entenden que é unha noticia moi mala para os colectivos, e consideran que hai unha sensibilidade cero por parte deste novo goberno da Deputación, que dá a espalda á realidade pontevedresa, sobre todo ao rural e ás barriadas urbanas. Amósanse especialmente desgustados, porque coñecen ben o traballo e o esforzo que realizan estas asociacións veciñais. Neste sentido, valoran moitos dos proxectos que se fixeron nestes concellos a través do PAC. Como exemplos, referíronse á mellora de camiños e recuperación da fervenza de Fernanpote ou ao acondicionamento do chan do cemiterio parroquial en Redondela, entre outros proxectos. No caso de Pazos, resaltaron, entre outras iniciativas, a mellora e o equipamento de varios locais veciñais ou a canalización de augas de regadío. En Fornelos, a través desta liña recuperouse o camiño ao roteiro dos muíños de Laxe e financiáronse equipamentos para as asociacións veciñais, entre outros. E no caso de Soutomaior, destacaron como exemplos a Casa do pobo veciñal ou a adquisición de materiais para os propios centros veciñais.
Outros dos asuntos que trataron no encontro foi que a nova Deputación de Pontevedra eliminou varias liñas de subvencións para entidades culturais, tanto as que se destinaban para vestiario, instrumentos e infraestruturas de colectivos, como as que se outorgaban para colaborar cos gastos de funcionamento dos conservatorios municipais ou das asociacións musicais. Os deputados populares chamaron a atención de que os colectivos deixarán de recibir este importante apoio económico á súa actividade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará