Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Anpas denuncian atrasos no cobro das axudas municipais

RR_Noticias

O prazo límite para solicitar estas axudas correspondentes ás actividades extraescolares realizadas no curso 2014-15, remataba o pasado 10 de setembro. Oito meses despois as Anpas continúan a espera de que lles ingresen os cartos que lles corresponden por unhas actividades xa realizadas. Lembran ademais que a piques de rematar o curso aínda non están convocadas as bases para solicitar as axudas deste ano. Amosan a súa indignación porque “o goberno saque peito falando de superávit cando non se pagan estas axudas” que son imprescindibles para que as Anpas sigan co seu labor.

As Asociacións de Nais e Pais (Anpas) dos colexios públicos de Redondela denuncian que, cando falta pouco máis dun mes para que termine o curso escolar, aínda non cobraron as subvencións de actividades do curso 2014/15. Ademais critican que aínda non saísen as bases das axudas para comedor nin para as actividades do curso 2015/16. Ante esta situación os colectivos das Anpas acusan de “deixazón” ao goberno local pola súa falta de compromiso cos nenos escolarizados e non desbotan poñer en marcha outro tipo de accións de cara a reclamar que se lles pague unha axudas que lles foron concedidas e se axilice a tramitación das axudas correspondentes ao curso actual. As Anpas critican tamén  que o Concello saque “as partidas orzamentarias pechadas, cando son insuficientes para cubrir as necesidades da comunidade educativa”, e no caso das axudas para os comedores escolares para conciliación “unha vez esgotado o crédito foron quen de dicirlles ás familias que lles pertencía unha subvención pero que non a tiñan porque non había diñeiro. Un exemplo de deixamento de funcións claras”, conclúen.  

Nuria Rodríguez Anpa Cesantes
Atrasos nas resolucións e nas convocatorias
Deixazón do goberno
Entenden que o goberno local debería axilizar estas cuestións
Novas protestas
Realizarán máis accións no caso de que o tema non se resolva a curto prazo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará