Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa do Choco homenaxea aos seus fundadores no seu XXX aniversario

RR_Noticias

A programación da festas incluirá un acto homenaxe aos fundadores desta celebración gastronómica que naceu hai trinta anos da man dun grupo de hostaleiros que quería promover Redondela ao tempo que dar a coñecer este produto da enseada. O pregoeiro desta edición será o monologuista David Amor. Espérase que máis de 30.000 persoas se acheguen ao concello durante os dous días de festa, a fin de semana do 7 e 8 de maio.

Unha popular cita gastronómica que xa ten o merecido recoñecemento de festa de interese turístico de Galicia e que quere agora acadar a titularidade de Festas de interese nacional. A carpa instalarase novamente no campo da Feira, un espazo acondicionado para recibir aos milleiros de visitantes que poderán degustar o choco nas súas diferentes especialidades de empanada, chocos con arroz, na súa tinta ou con patacas. Mantéñense ademais algunhas novidades xa presentadas en edicións anteriores como os chocos a prancha con cachelos ou a fabada de chocos. O programa arrancará as once da mañá do sábado cunha alborada a cargo da banda de música de Redondela e apertura de casetas ás doce. Tamén o sábado haberá un espectáculo infantil a cargo de Uxía Lambona e a Banda Molona e a tradicional verbena coa orquestra Gran Atlanta. O domingo a lectura do pregón correrá a cargo do monologuista David Amor ás 12:30 e un acto homenaxe aos fundadores da Festa media hora despois. As celebración deste ano rematarán coa actuación da Orquestra Compostela. Redondela aproveitará este fin de semana a celebración da Festa do Choco para potenciar os recursos turísticos e paisaxísticos que ofrece a enseada de San Simón con percorridos en barco e visitas guiadas á illa. O prezo é de 9 euros os adultos e 5 os nenos e as reservas pódense facer no teléfono 620 864 052.  

Manolo Conde fundador da Festa
O propietario de Casa paco foi un dos precursores desta cita festiva
Enrique Lago presidente empresarios
Do choco como do porco aproveitase todo.
Javier Bas alcalde
Apostar pola calidade do produto e a comodidade dos comensais
Clemente Bastos patrón maior
Na carpa o produto en venta será todo da enseada
Jesús Crespo concelleiro
O choco é o ouro negro de Redondela
Jesús Fernández hostaleiro
Un choco regado por ribeiro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará