Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CSIF confía en que as contratacións dos auxiliares de policía compense a falta de persoal

RR_Noticias

O sindicato entende que a situación que se dá a día de hoxe no servizo de policía local con 7 policía de baixa e un en período de formación resolverase coa incorporación dos 4 auxiliares de policías. Piden explicación aos mandos policiais sobre o material no que se teñen investido 100.000 euros nos últimos 5 anos e que non foi entregado aos axentes.
O sindicato CSIF entra tamén no debate sobre a situación do servizo de policía local.

Mentres dende a CIG alertan da falta de medios humanos e laborais para desenvolver o seu traballo e o goberno local a través do concelleiro responsable Arturo González nega estas acusacións, o CSIF apunta que se trata dunha situación puntual por atoparse nestes momentos 7 policías de baixa e un en formación na Academia “situación que esperamos mellore unha vez se incorporen os 4 auxiliares de policía por 6 meses e a alta dalgúns dos funcionarios”.
Apuntan que dende a súa sección sindical “xa propuxemos que a situación se resolva con acumulación de horas extras, xa que a lei impide a contratación de novos policías”, unha proposta que foi rexeitada polo resto dos sindicatos.
En canto aos materiais e unha vez que o concelleiro delegado “manifestou que nos últimos anos se teñen investido uns 100.000 euros pedimos explicacións aos mandos policiais para que expliquen si eses cartos se teñen destinado a material para a Policía, si é así onde está gardado e por que non se entregou aos axentes e, no caso contrario, a onde foron parar eses cartos”.
Aplaude o sindicato as medidas que se están tomando nos últimos meses tales como a promoción interna dos traballadores  e amosan o seu desacordo coas novas prazas de emprego público publicadas a semana pasada no BOP “por obrigar a traballadores que levan no concello entre seis e 25 anos teñan que pasar por unha oposición libre” motivo polo que solicitan que se lles faga un concurso oposición.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará