Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un Campito imparable

RR_Noticias

Os de Chapela volveron amosar o seu bo estado de forma cunha avultada vitoria ante o Alonso & Serodio por 7-3, un resultado que os afianza no liderado da categoría superando por tres puntos ao segundo da táboa, o Tui Futsal malia levar xogado un partido menos. Precisamente será esta fin de semana, con descanso na categoría, cando o Chapela recupere ese encontro pendente enfrontándose ao RedondelaFS. Derbi que se disputará o sábado 30 no pavillón redondelá.

A piques de rematar a tempada o equipo de Chapela non comete erros e continúa na súa loita polo ascenso. Esta fin de semana lograba unha importante vitoria ante o Alonso Serodio por 7-3. Por diante, ademais do seu derbi local co Redondela o próximo sábado preparase tamén para as últimas xornadas. O penúltimo dos seus encontros será en Gondomar co Abetos.
O Redondela descansou esta fin de semana non así o Arealonga que empataba na súa visita ao campo do Celado, 2-2.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará