Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un comercio de cine

RR_Noticias

Os escaparates dos comercios da vila énchense de cine co gallo da celebración da XII edición do Festival Redondela en Curto entre o 21 e o 24 de abril. Unha edición que ademais das proxeccións habituais de curtametraxes no Multiúsos da Xunqueira e as actividades escolares, organizadas en colaboración coa Asociación Andaina, este ano inclúen unha iniciativa da asociación de empresarios que baixo o nome “escaparates de cine con prezos de película” ofrece aos clientes unha ambientación diferente ademais de promocións en numerosos produtos.

A través dos escaparates dun total de 26 comercios que se sumaron a iniciativa, os veciños poderán rememorar títulos míticos do cinema clásico como Gilda ou Desayuno con diamantes… e ademais beneficiarse de promocións e agasallos a través dun concurso organizado pola asociación de empresarios. Un roteiro sinalizado levará aos veciños a visitar as tendas participantes decoradas para a ocasión. Atoparán en cada unha delas produtos con prezos rebaixados e ademais todos aqueles que participen dun concurso no que voten o seu escaparate preferido optarán a premios de tres vales de compra, un de cen euros e outros dous de 50. A asociación lembra que durante estes días tamén está activa outra campaña emanada do colectivo: a ruta do pincho. Os redondeláns e visitantes poderán ata o vindeiro domingo gozar do bo cine, en pequeno formato, ademais de degustar as tapas e pinchos que ofrecen 32 comercios da localidade acompañado dunha cervexa ou un viño ao prezo de 2,75 euros.  

Julia Alonso Asociación Empresarios
Unha campaña de promoción e ambientación
Escaparates de 26 comercios
En todos eles haberá ofertas e participarán nun concurso de vales de compra
Cine e gastronomía
Continúa a ruta do pincho

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará