Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos nas bibliotecas para conmemorar o día do libro

RR_Noticias

As bibliotecas de Redondela celebran esta semana o Día do libro con dúas citas orientadas ao público familiar. O mércores, 20 de abril, na Axencia de Lectura Municipal (Chapela) o grupo Polo Correo do Vento presentan ás 18:30 o espectáculo “O poeta do Miño” e o venres a Biblioteca Municipal de Redondela acolle a actuación de Fátima Fernández con “Érase unha vez uns zapatos…” Entrada libre e de balde. Ademais os que fagan uso do servizo de préstamo recibirán como agasallo un exemplar do libro “Cuando Nepal tembló”.

A primeira das actividades organizadas para celebrar o Día do Libro desenvolverase este mércores na Biblioteca de Chapela cun contacontos a cargo do grupo Polo correo do vento quen homenaxearán a Manuel María, poeta protagonista das Letras Galegas deste ano 2016, con este contacontos-obradoiro que leva por título “O Poeta do Miño”. A actividade está indicada para rapazada a partir de 3 anos e público familiar e non precisa inscrición previa. A entrada é libre ata completar o aforo da sala. Outra interesante e divertida proposta é a que nos achegará Fátima Fernández co contacontos “Érase unha vez uns zapatos…” na que se formulan preguntas tan curiosas como que sería do gato con botas sen as botas, de Cinsenta sen o zapato de cristal, se os trasnos non lle fixesen zapatos ao zapateiro… Sería posible o mundo dos contos que todos coñecemos se non houbese zapatos? O venres 22 ás 18:00 horas na Sala Infantil da Biblioteca Municipal de Redondela para nenos de 4 a 12 anos. Entrada libre e de balde. E ademais das actividades programadas, entre as que se inclúen os contacontos e a elección dos mellores lectores do ano, as bibliotecas regalarán a cada persoa que faga uso do servizo de préstamo un exemplar do libro “Cuando Nepal tembló” que recolle o testemuño de varios sobreviventes do terremoto que arrasou ese país e que contou coa colaboración do concello de Redondela na súa edición. Así mesmo e dentro da campaña de fomento da lectura desenvolvida coa Fundación Filomena Rivero Alonso, distribuiranse marcapáxinas conmemorativos do IV Centenario da morte de Cervantes e Shakespeare.  

Mª José Villar biblioteca de Chapela
Actividades orientadas ao público familiar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará