Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia o desvío de fondos na Estrada de Vilar por quedar sen executar un terzo da obra

RR_Noticias

Explican os nacionalistas que a actuación, financiada pola Deputación cun orzamento que superaba o millón de euros e unha achega de 200.000 euros procedente do Concello, contaba cun proxecto que non se executou na súa totalidade. “Entendemos que podería haber pequenas modificacións, pero non que unha parte tan importante da obra quedara sen rematar” explica o edil do Bloque Xoán Carlos González.

Entre as actuacións previstas e non acometidas apuntan que quedou sen realizar unha parte importante do abastecemento e do saneamento de augas pluviais, uns 15 farois do alumeado público, as beirarrúas ou o asfaltado correspondente a un treito importante da estrada”. González define como o máis grave da situación que “se deixaran desprotexidos a un importante número de veciños de vivendas ao pé da estrada que en moitos casos xa tiñan realizadas as cesións”.
Explican tamén dende o BNG que malia ter solicitado explicacións ao propio alcalde sobre os  cambios levados a cabo na reforma da estrada Guizán-Os Valos ao seu paso pola parroquia de Vilar, “as explicacións dadas por Javier Bas non foron nada claras ao querer responsabilizar unicamente aos técnicos da Deputación de que non se tivera acometido a totalidade da obras proxectada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará