Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén reclama que se incremente a atención pediátrica no Concello

RR_Noticias

O goberno local de Pazos de Borbén solicita ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a mellora do servizo médico de pediatría, xa que considera que a atención que presta na actualidade, tan só dous días á semana, é insuficiente para atender a uns 300 pacientes potenciais. O alcalde Andrés Iglesias, traladou esta demanda ao delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, nunha reunión celebrada onte.

A principal solicitude centrouse no servizo de pediatría, un servizo que actualmente contempla catro horas semanais repartidas en dous días e atende a máis dun centenar de nenos, tendo 300 nenos como pacientes potenciais. A solicitude centrouse en asegurar a presenza da pediatra todos os días da semana, cun mínimo de catro horas diarias, para poder garantir un adecuado servizo para todos os veciños do municipio.
O alcalde tamén trasladou ao delegado a necesidade de garantir o servizo médico cando a titular atópese en situación de baixa laboral ou período vacacional mediante unha substitución temporal, xa que actualmente non sucede desta maneira, ocasionando molestias entre a veciñanza que se ve obrigada a trasladarse.
Por último, o rexedor local solicitou a intervención do delegado da Xunta para que leve a cabo a obra de ampliación e mellora do centro de saúde de Pazos de Borbén como se acordou co Sergas. Unha actuación que dote ao centro de maior amplitude e permita mellorar os servizos e as condicións do mesmo para adecuarse ás crecentes necesidades dos veciños.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará