Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Brinca Vai de Paco Nogueiras chega a Arcade

RR_Noticias

A biblioteca municipal de Soutomaior celebra esta semana o Día Internacional do Libro Infantil con diferentes actividades orientadas ao público máis novo. Así, hoxe martes organizan unha sesión de teatro coa compañía Los Tres Tenedores quen actuarán para o público escolar. O xoves organizan unha actividade aberta a partir das 17:00 horas co músico e actor Paco Nogueiras.

A Biblioteca Municipal de Soutomaior organiza hoxe martes unha nova sesión de teatro infantil á que asistirán máis de 300 alumnos de centros escolares locais. A representación comezará ás 12 da mañá e terá unha duración estimada dunha hora.
A programación cultural da Biblioteca Luís Seoane continúa esta semana con outra sesión de teatro infantil, na que, o xoves a partir das 17:00 horas, o actor Paco Nogueiras interpretará a súa obra Brinca Vai! De aquí a acolá, destinada ao público infantil e familiar.
O espectáculo, con entrada de balde, consiste nun concerto obradoiro baseado no libro “Brinca vai!” publicado pola editorial Kalandraka. Unha proposta de animación con música, humor e moito enxeño e creatividade, onde os nenos realizarán unha viaxe ao longo dos meses do ano achegándose ás tradicións, a natureza, aos xogos e ás festas populares do país.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará