Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A construción da pasarela peonil na marxe dereita da Ponte dos Pasais será licitada este ano

RR_Noticias

A Consellería de infraestruturas e vivenda estima que a obra será licitada en cuestión de meses e que a pasarela comezará a construírse antes de que remate o ano. Consistirá nunha pasarela peonil adosada á ponte dos Pasais (tamén coñecdia como Ponte de Xulián), na súa marxe dereita, como actuación complementaria ás obras de ampliación executadas o ano pasado. A actuación inclúe tamén o traslado do peto de ánima ubicado no cruce entre a estrada a Reboreda e a subida a zona da Canteira.

A Conselleira de infraestruturas e vivenda Ethel Vázquez adiantou que este mesmo ano, concretamente no verán, está previsto que se licitarán as obras de construción da pasarela peonil na marxe dereita da Ponte Xulián así como o traslado do peto de ánimas, como actuación complementaria ás obras de ampliación xa executadas Por outra banda, Vázquez trasladoulle que a Xunta iniciará antes do verán as obras de mellora do firme nas estradas entre Redondela e Forzáns e Chapela e Vigo. A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, financiará estas actuacións mediante o investimento de 132.000 euros.  

Ethel Vázquez Conselleira infraestruturas
Anuncia a licitación da pasarela peonil na Ponte dos Pasais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará