Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase ao programa da Xunta para facer fronte aos desafiuzamentos

RR_Noticias

O acordo entre o Concello e a Consellería de Infraestruturas permitirá contar cun número maior de ferramentas para axudar a aqueles veciños que se atopen con dificultades á hora de pagar a súa hipoteca ou aluguer. A Conselleira Ethel Vázquez salientaba que son un total de 11 medidas que servirán para dar cobertura a todas as familias que estean en risco de perder a súa vivenda.

A responsable de Vivenda do Goberno galego mantivo un encontro de traballo co alcalde, Javier Bas, no que lle proporcionou información completa sobre as 11 medidas postas en marcha pola Xunta para facer fronte aos desafiuzamentos, destacando o compromiso de varias entidades financeiras, entre as que se atopa a maior de Galicia, Abanca, de non executar máis desafizuamentos e permitir que os afectados por execucións hipotecarias permanezan nas vivendas a cambio dunha renda baixa e bonificada. A conselleira trasladoulle ao alcalde a oportunidade que ten o seu concello de adherirse ao Programa de Vivendas Baleiras, unha iniciativa na que poderán participar os municipios e que xa foi proposta oficialmente á Fegamp. Trátase dun marco de colaboración para que os concellos mobilicen vivendas desocupadas para destinalas a alugueiros sociais, coas garantías dun seguro multirrisco do fogar e outro de cobertura de pagos financiados pola Xunta. Unha medida que ao entender da responsable de Servizos Sociais, Carmen Amoedo, permitirase ao Concello axudar a todos os veciños que estean pasando por estas dificultades económicas e que precisen dunha vivenda ou un aluguer.  

Ethel Vázquez Conselleira de Vivenda
Once medidas para evitar os desafiuzamentos
Carmen Amoedo Concelleira Servizos Sociais
O concello aplicará estas medidas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará