Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro de música para nenos menores de 6 anos

RR_Noticias

A segunda sesión do obradoiro de música e contos en galego para familias, A Casa encnatada de Alí, celebrarase o vindeiro domingo 20 de marzo en Chapela. O Servizo de Normalización Lingüística organiza esta nova actividade dentro do programa APEGO, de dinamización lingüística da primeira infancia. As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente no teléfono 986 400103 ou no correo normalizacion@redondela.es

A casa encantada de alí é o título deste obradoiro de Luís Prego e Fabaloba, no que achegarán ás familias participantes recursos para cantar, contar e xogar con nenas e nenos de 0 a 6 anos. Luís Prego (músico, mestre e estudoso do patrimonio musical) e Fabaloba (empresa creadora e mantedora do portal “Alí, recursos en galego para a educación”) xúntanse neste obradoiro para contar, cantar e xogar coas familias participantes. O obradoiro celebrarase o domingo 20 de marzo ás doce do mediodía no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. A actividade é de balde pero ten límite de participación ( 20 nenos e nenas por sesión, cun máximo de dous adultos acompañantes), e cómpre inscrición previa no correo normalizacion@redondela.es ata dous días antes ao comezo do obradoiro, que se celebrará o domingo 20 de marzo, ás 12:00 h no multiúsos do Piñeiral do Crego, en Chapela.  

Eva García Rei Normalización Lingüística
Unha actividade para familiar e nenos de 0-6 anos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará