Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Investigan a orixe do vertido de hidrocarburos ao Lagares que podería non proceder de Redondela

RR_Noticias

As primeiras informacións aseguraban que a orixe do vertido que o pasado venres tinguía o Lagares de negro estaría nalgunha das empresas asentadas no polígono de Vilar de Infesta. Sen embargo e malia o seguimento feito por parte de efectivos do Seprona, Medio Ambiente e a propia policía local, tanto de Redondela como de Vigo, a autoría do vertido segue a ser unha incógnita. O propio concelleiro de interior, Arturo González asegura que “as investigacións continúan pero aínda está por determinar a procedencia do vertido”. Insistíu en que non se pode especular sobre quen son os responsables, xa que non hai evidencias que apunten a ninguén.

O Lagares está xa recuperado- aló menos a primeira vista- do vertido de hidrocarburos que tinguía de negro as súas augas dende o seu nacemento, nas proximidades de Peinador e que afectaba a varias aves que logo de verse empapadas de chapapote foron trasladadas ao centro de recuperación da fauna de Cotorredondo para seren sometidas a un proceso de limpeza que garanta a súa supervivencia.
Adoptáronse medidas de prevención ante o risco de que se puidera producir un novo vertido e mentres continúan as investigacións de cara a localizar ao autor do mesmo. Garda Civil, Consellería de Medio Ambiente e policía local percorreron a canle do río nun intento de localizar o punto de contaminación. Aínda que nun primeiro momento as informacións apuntaban a que esa vertedura podería proceder da zona de Redondela, máis concretamente dalgunha das empresas asentadas no polígono de Vilar, dende a Concellería de Interior aseguran que “son especulacións, xa que o lugar onde se atoparon os restos de aceite que provocou a contaminación podería ter varias orixes”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará