Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Éxito de público coa visita de máis de 4000 persoas no XVI certame da camelia de Soutomaior

RR_Noticias

O Castelo de Soutomaior acolleu, un ano máis, un dos festivais florais de referencia na comarca. Un festival que ano tras ano gaña en visitantes e importancia, grazas entre outras cousas, á distinción de “excelencia internacional” outorgada aos xardíns da fortaleza medieval. Tamén grazas ao elevado nivel dos participantes entre os que o xurado destacou a flor presentada por María Victoria Martínez, quen se fixo co primeiro premio nesta categoría, mentres que a asociación de Veciños de Romariz levouse o galardón na categoría de mellor composición artística.

Esta edición contaba coa participación de máis de 60 expositores instalados por cultivadores de toda Galicia, ademais dos traballos realizados polos nenos do colexio Santiago Apóstolo, da Escola de Romariz e os case 20 comerciantes de Arcade e Soutomaior que se uniron ao festival adornando os seus establecementos.
A entrega de premios tivo lugar o domingo ás 18:00 horas e contou coa participación da deputada provincial Begoña Estevez e a edil de Cultura do Concello de Soutomaior, Dolores Cernadas, ademais de diversos membros do goberno local, da Sociedade Española da Camelia e a fundadora do Certame, Manuela Gradín.
O xurado estivo composto por membros da Sociedade Española da Camelia. Na categoría de Mellor Flor outorgou o primeiro Premio a María Vitoria Martínez; 2º Premio, Deolinda Barbosa Sousa; 3er Premio, Mª da Carmen Vidal Franco.
Na categoría de Mellor Composición Artística o primeiro premio foi para a Asociación de Veciños de Romariz; 2º Premio, María Martínez Martínez; 3er Premio, Ruth María Vilas.
Como Mellor Traballo Escolar recoñeceuse o traballo dos alumnos do 1er e2º ciclo do Colexio Santiago Apóstolo e o 2º Premio para os alumnos do Colexio Infantil de Romariz.
Do mesmo xeito, a camelia tamén foi a protagonista nas rúas de todo o municipio, onde diversos comerciantes sumáronse á exposición adornando os seus escaparates con imaxinativas composicións florais.
Os gañadores foron: na categoría de Mellor Flor en Escaparate Calzados Passobello seguido de Xoiaría Ramón e Eurobike.
Na Mellor Composición Artística en Escaparate recoñeceuse os traballos de Boutique Infantil Rapaces; Barbaría Irene e Conxelados Iceberg.
Ademais fíxose entrega do premio especial en honra á fundadora e principal organizadora do concurso, Manuela Gradín, coñecida como “Lelita Gradín”, que foi parar ás mans de Lucía Castelo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará