Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festa do remo en Chapela coa Bandeira Concello de Redondela e o Memorial Odilo

RR_Noticias

O C.R. Chapela organiza esta fin de semana dúas probas de bateis, con regatas tanto o sábado como o domingo. Mañá disputarase en augas de Arealonga a XX Bandeira Concello de Redondela de Bateis, e o domingo a Bandeira do Porvir Memorial Obdulio Iglesias “Odilo”.

A proba que se celebra na tarde do sábado, a partires das 16.00 horas, contará coa participación de todos os clubs da Liga Territorial Sur, cun total de 17 clubs con embarcacións pertencentes ás sete categorías da competición, tres femininas e catro masculinas. Xa o domingo, a partires das 11.00 horas, e tamén fronte ao paseo de Cardona, celebran a VIII Bandeira do Porvir Memorial “Odilo”. Nesta regata de bateis participarán non só clubs da liga sur, senón tamén algunhas embarcacións da liga norte, como Cabo de Cruz. A elevada participación de clubs e os prognósticos meteorolóxicos, que falan de ceos despexados e tempo primaveral, auguran unha fin de semana que será unha verdadeira festa do remo en Chapela.    

Julio Prado Club de remo de Chapela
Unha proba con 17 clubs
Porvir Memorial Odilo
Esta regata disputarase o domingo
Julio Mougán concelleiro de Deportes
Anima aos veciños a achegarse e gozar de dúas xornadas de remo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará