Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O XVI certame da Camelia de Soutomaior contará coa participación de 55 expositores

RR_Noticias

A cita anual celébrase esta fin de semana no Castelo de Soutomaior, espazo que se converte un ano máis no escenario perfecto para este Certame. Este ano a mostra contará con máis de 30 expositores locais e 25 doutros municipios, superando así as 60 composicións florais e confirma o éxito de participación desta edición.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de Cultura e Turismo, Dolores Cernadas, presentaron no Castelo de Soutomaior a XVI edición do Certame da Camelia que se celebra este fin de semana. A mostra abrirá as súas portas o sábado en horario de 16:00 a 20:00 horas mentres que o domingo a mostra estará aberta desde as dez da mañá.
Os asistentes poderán achegarse a un total de 30 expositores locais e 25 procedentes doutros municipios. Haberá tamén participación dos alumnos dos colexios Santiago Apostol e a Escola de Romariz de Soutomaior que competirán este ano coas súas exposicións e coa beleza e orixinalidade cos escaparates de varios comercios locais.
O xurado está formado por membros da Asociación Española da Camelia e o seu fallo e a entrega de premios terá lugar ás 18:00 horas do domingo.
Desde o Concello de Soutomaior destácase a colaboración prestada pola Deputación de Pontevedra para a celebración do certame mediante a cesión do recinto do Castelo ademais dalgúns premios.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará