Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un roteiro medioambiental permite coñecer a fervenza do inferno

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación organiza un programa de “Roteiros Medioambientais” no que se inclúen diferentes roteiros de senderismo cos que se pretende fomentar a participación veciñal en actividades de educación medioambiental e de coñecemento e respeto do entorno natural do municipio. Neste programa enmárcase un roteiro á Fervenza do inferno que se organiza para este domingo día 13.

Con estas proposta a Concellería quere fomentar un lecer respetuoso co medio natural que nos sirva para poñer en valor a educación medioambiental  que nos permita coñecer mellor os recursos do noso municipio: a flora e a fauna.
Así, este domingo 13 de marzo de 10,30 a 13,30 realizaremos un percorrido que permitirá aos participantes achegarse á Fervenza do inferno. Consistirá nun percorrido de 8 quilómetros guiado por unha monitora titulada e especializada na temática que achegará información sobre o ecosistema fluvial, as especies alóctonas/autóctonas, a fervenza e a presa.
A participación nesta actividade é de balde e as prazas están limitadas, tendo preferencia as persoas empadroadas no municipio.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará