Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco frea a súa racha en Ribadeo

RR_Noticias

A derrota en terras lucenses por 3-1 leva aos redondeláns a perder o liderado, que agora ostenta en solitario o Cerceda. Na Segunda Autonómica o filial do Choco impúxose ao Vincios e o Chapela caeu goleado ante o Chaín.

Terceira División

Ribadeo 3-1 Choco
Os anfitrións, que comezaban o encontro como pechacancelas da categoría, deron a sorpresa. O Ribadeo encarrilou o partido en poucos minutos. O primeiro dos goles chegaría aos poucos segundos do inicio do encontro. Santi, en boca de gol, só tivo que empurrala. Tras o primeiro, o Ribadeo buscaba o segundo, até conseguilo no minuto 9 de partido, obra de Iván González tras unha boa xogada persoal . O Choco buscaba acurtar distancias, pero era quen de resolver as súas ocasións, que foron moitas. O Ribadeo foi moito máis efectivo, e practicamente todas as súas ocasións acabaron no fondo da rede. No minuto 33 chegou o terceiro gol das botas de David Rodríguez, que tras sortear a defensa redondelá lanzou un disparo cruzado que acabaría batendo a Cortegoso. Tras o descanso o Choco espertou, pero non foi suficiente. Silva errou un penalti que parou o gardameta, logo aproveitou o rexeite e anotou o que sería o único gol para os de Marcos Montes. Finalmente 3-1 co que os redondeláns puxeron fin ao refacho positivo que os levara ao máis alto. Na próxima xornada o Choco recibirá ao Alondras, da metade baixa da táboa.
Segunda Autonómica

Vincios 0-4 Choco B
O Choco mantén a terceira praza logo de golear ao Vincios nun partido no que os redondeláns foron moi superiores. Na próxima xornada reciben ao Santa Mariña.
Chapela 0-4 Chaín
O Chapela non puido cun rival que fixo un serio partido. E a próxima xornada tamén xogan no campo dun rival, o Nieto, quinto clasificado do grupo.
Terceira Autonómica

Cesantes 1-2 Salcedo
O Cesantes tentouno, pero non puido co Salcedo nun partido moi competitivo. Na próxima xornada tamén ten unha saída complicada, xoga no campo do terceiro clasificado, o Pontecaldelas.
Peña Beretes Chapela 0-4 Mosende
Os de Chapela seguen afundidos no pozo da clasificación logo de perder goleados co Mosende, segundo do grupo. E a vindeira xornada volverán ter un encontro duro, xa que visitan o campo do líder, o Sampaio.
At. Vilar 3-2 Nespereira
Os redondeláns impuxéronse ao Nespereira nun encontro de moita igualdade e moi pelexado que deixa ao Vilar no terceiro posto da táboa. A próxima fin de semana tamén disputará un encontro duro, xa que reciben ao Oiense, segundo do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará