Hoxe é Mércores 2 de Decembro de 2020

O C.R. Chapela arrasa na regata de bateis celebrada na Pobra do Caramiñal

RR_Noticias

O mal tempo obrigou a suspender a proba do Grove prevista no calendario territorial sur. O club redondelán optou por participar na regata da liga norte, onde as condicións do campo de regatas permitiron a celebración da proba. Na Pobra o C.R. Chapela acadou catro ouros e un bronce.

O club redondelán fíxose cos primeiros postos nas categorías promesa feminina, xuvenil feminina, xuvenil masculina e senior masculina. Un espectacular palmarés ao que sumaron un terceiro posto na categoría infantil masculino e un cuarto lugar na categoría cadete. As bandeiras das categorías infantil e cadete leváronas Rianxo e Cabo, respectivamente. Na proba, disputada o sábado, participaban os equipos da liga territorial norte, aos que se sumaron dous da liga sur ao terse suspendido a regata do Grove. Xunto con Chapela participou Amegrove, que acadou o bronce na categoría infantil. A próxima fin de semana participarán na XVII Bandeira Concello de Cangas de Bateis, que se disputa o sábado. O domingo Chapela acollerá o Memorial Paco Fenosa de traiñeiras.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *