Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior convoca un taller de arteterapia

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior, a través do seu Centro de Información á Muller, ven de convocar un novo taller de arteterapia, un curso de 14 horas de duración no que as participantes darán renda solta á súa creatividade e adestrarán as súas capacidades de expresión artística. As clases comezarán o próximo 16 de marzo no edificio Multiusos de Arcade e o ciclo ten un custo total de 28 euros.

A Arteterapia utiliza o proceso da expresión e da creación artística con fins terapéuticos no que se propón unha experiencia creativa utilizando materiais como a acuarela, o pastel e outros estilos artísticos. Entre os obxectivos do curso destaca o dotar aos participantes dunha bagaxe material e didáctica para o desenvolvemento das expresións artísticas fomentando por encima de todo a creatividade e entender a arte como vehículo para a mellora social, física, psíquica e persoal, pero sobre todo, mellorar a calidade de vida psicolóxica e social dos participantes.
Os interesados en formalizar a matrícula ou recibir máis información poden facelo nas oficinas do CIM, no edificio multiusos de Arcade, a través do teléfono 986 701 227 ou a través da dirección de correo electrónico cim@soutomaior.es.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará