Hoxe é Venres 1 de Xullo de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Entroido e teatro en Arcade

RR_Noticias

O Multiúsos de Arcade acolle este venres 19 de febreiro ás 20:00 horas a representación da obra “Los dos gemelos venecianos” coa compañía MDM Teatro. O desfile de comparsas desprazado do pasado sábado debido ás previsión meteorolóxicas celebrarase o domingo ás 17:00 horas.

A compañía de teatro MDM, presenta a súa décima montaxe en España, co seu particular estilo, proposto de maneira áxil e orixinal e cunha nova versión do pai da comedia italiana: Carlos Goldoni.
Xa o domingo 21 a partir das cinco da tarde terá lugar o desfile do entroido. Arrancará na Rúa Calvario para percorrer a continuación as rúas Xosé Solla, Rosalía de Castro e remate na Alameda de talo Río onde se celebrará unha festa de entroido que contará con música en directo. Unha actividade que debía terse celebrado o pasado 13 de febreiro e que foi posposta polo mal tempo.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará